Categoría: Servizos Sociais

Servizos Sociais




DIRECCIÓN: Praza da Igrexa nº1-36550 Forcarei
TLFNOS: (información e cíta previa) 986.75.50.36
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: De Luns a Venres de 9:00 a 15:00h
CORREO ELECTRONICO:servizos.sociais@forcarei.net



En dito Departamento levanse a cabo unha serie de actividades enmarcadas en gran parte na Rede Pública de Prestacións Básicas de Servizos Sociais coas Corporacións Locais, ofrecendo os usuarios, entre outras, as seguintes prestacións:

  1. INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN - O seu obxectivo é informar aos cidadáns sobre os distintos recursos , prestación e dereitos en materia de servizos sociais, así como a valoración de situacións problemáticas, a súa orientación encamiñada a solución e asesoramento.
    Pensións non contributivas, recoñecemento do grao de discapacidade, solicitudes de termalismo e turismo social, programa diurno de balnearios, axudas para maiores e discapacitados, trámite de tarxetas de estacionamento para persoas con movilidade reducida etc.

  2. SERVIZO DE AXUDA FOGAR DE CARÁCTER BASICO E PARA PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA. O obxectivo é facilitar un apoio ás persoas e/ou familias con serias limitacións para a realización das actividades cotiás, facilitando na medida do posible a súa permanencia no seu entorno.

    • " SERVIZO DE TELEASISTENCIA.-O seu obxeto e dar cobertura as necesidades obxetivas de seguridad ante situacións de risco as persoas maiores ou con algunha discapacidade, utilizando un equipamento técnico colocado no domicilio do usuario que a través da línea telefónica permitelle conectarse con persoal especializado as 24 horas do dia.

    • " SERVIZO DE XANTAR NA CASA.- Servizo de comida a domicilio para persoas maiores e en situación de risco ou exclusión social que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade.

  3. PROGRAMA DE ACOLLEMENTO FAMIIAR. O seu obxecto é procurar o mantemento dos maiores e discapacitados no seu medio social habitual facilitando así a súa integración, evitando a institucionalización.



  4. PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR MUNICIPAL: Trátase dun programa de orientación , apoio e prevención a familias en situación de risco, co obxectivo de favorecer o correcto desenvolvemento dos seus membros e posibilita-la integración do núcleo familiar na comunidade.

    A intervención realízase a través de diversas áreas:
    • Convivencia familiar
    • Educación para a saúde
    • Organización e economía familiar
    • Busqueda de emprego
    • Coordinación con outros servizos e organismos



  5. ACTIVIDADES: Dende o Departamento de S. Sociais Municipais, elaboranse programas para diversos sectores de poboación, desenvolvendo diversas actividades.

    • MAIORES :
      Xuntanza de maiores no mes de setembro, (nestes últimos anos en colaboración co Concello de Cerdedo).
      Bailes, festa do entroido, magosto e reis, cursos de ximnasia de mantemento, excursións, obradoiros de manualidades e restauración etc.


    • " INFANCIA: Campañas de animación á lectura, cursos de natación, campamentos de verán e excursións a neve en convenio coa Excma. Depautación Provincial, actividades deportivas etc.

    • " DISCAPACITADOS.: Taller de habilidades sociais que leva funcionando dende o ano 2007 en colaboración coa Confederación Galega de Minusválidos COGAMI.

    • " MULLER: Cursos de formación, charlas informativas, y talleres



PRESTACION ECONOMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILL@S MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2018.

PRESTACION ECONOMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILL@S MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2018.


As persoas que tenan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2018 e que durante o ano 2016, non estivesen obrigados a presentar a Declaración polo I.R.P.F., nin a presentasen de forma voluntaria.


REQUISITOS

  • Que as persoas proxenitoras tenan a sua residencia habitual en Galicia .
  • Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.

DOCUMENTACIÓN

  1. Solicitude (Anexo 1), cuberto e asinado pola persoa solicitante eo Anexo II cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non pareza como solicitante.
  2. Fotocopia do libro de familia ou certificaci6n expedida polo Rexistro Civil.
  3. Certificado de empadroamento e convivencia da unidade familiar.
  4. Nos supostos de adopci6n ou garda con fins adoptivos, copia da resoluci6n xudicial ou administrativa que a declare.

O prazo de presentaci6n das solicitudes remata o 21 de Marzo do 2018.

Cartel



III PLAN DE IGUALDADE.FORCAREI

III PLAN DE IGUALDADE.FORCAREI


Conscientes do camiño que queda por percorrer, a pesar dos avances conseguidos, o Concello de Forcarei fai unha vez máis unha aposta clara e decidida polo impulso dunha planificación estratéxica que continúe a derrubar as barreiras que dificultan que as mulleres gocen dos dereitos e das oportunidades.


O dereito á igualdade interesa a toda a cidadanía porque mellora a nosa calidade de vida, tanto na realización profesional como na persoal, familiar e laboral. Estamos convencidas e convencidos de que a máxima participación en igualdade de condicións da muller e do home, é indispensable para o desenvolvemento pleno e completo do noso Concello, polo que impulsamos a adaptación de medidas precisas co fin de suprimir esta discriminación en todas as súas formas e manifestacións.


Dende o Concello de Forcarei, coa posta en marcha do I Plan e do II Plan, quérese pór en firme o noso compromiso co logro efectivo do "dereito á igualdade real entre homes e mulleres”, expresado a través da posta en marcha de políticas de igualdade, continuando a día de hoxe na mesma liña actualizada coa publicación deste "III Plan Municipal de Igualdade entre mulleres e homes 2018-2022 do Concello de Forcarei”

Diptico
III Plan de Igualdade de Forcarei
Avaliación do II Plan de Igualdade de Forcarei.



PROGRAMA TERMALISMO SOCIAL 2018

PROGRAMA TERMALISMO SOCIAL 2018


(BALNEARIOS TERMAIS)
IMSERSO



SOLICITUDES NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO

PRAZOS DE SOLICITUDE:


  • Do 19 de DECEMBRO ata o 4 DE XANEIRO de 2018 para os meses de FEBREIRO ata AGOSTO. 
    • Entre o 11 de xaneiro e 11 de maio poderanse facer solicitudes para este periodo, que pasarán a unha lista de agarda.
  • Do 4 de XANEIRO ata o 11 de MAIO DE 2018 para os meses de SETEMBRO a DECEMBRO. 
    • Entre o 12 de maio e o 31 de outubro poderanse facer solicitudes para este periodo, que pasarán a unha lista de agarda.

Cartel



PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS 2017 DA XUNTA DE GALICIA

PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS 2017 DA XUNTA DE GALICIA


PRAZO PARA PRESENTAR A SOLICITUDE:

Do 17 de Marzo de 2017 ao 17 de Abril de 2017.

DOCUMENTACIÓN:

  • Solicitude e Anexos.
  • Xustificantes das pensións, tanto nacionais como do estranxeiro.

SOLICITUDES NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO.

Cartel

Programa
Solicitude



PROGRAMAS TERMAIS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2016

PROGRAMAS TERMAIS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2016


PROGRAMA TERMAL DE PERNOTACIÓN

O programa consiste en pasar seis dias e cinco noites (de domingo a venres) nun hotel con spa, balneario ou instalacións similares da provincia de Pontevedra, en réxime de pensión completa, con traslados desde os Concellos de orixe con actividades de animación e visitas guiadas.



Cartel Anuncio


PREZO POR PERSOA, incluídos os traslados en autocar dende Forcarei ata o establecemento hoteleiro e viceversa e , unha vez descontada a aportación da Deputación, quedaria da seguinte maneira :

  • Hotel Nuevo Astur Spa 3* de Sanxenso: 196 €
  • Hotel Spa Noral Torre do Deza 4* de Lalín: 201 €
  • Hotel Spa Carlos I 4* de Sanxenxo : 257 €
  • Hotel Termas de Cuntis : 257 €
  • Hotel Balneario de Mondariz 4* :267 €
  • Talaso Atlántico en Oia: 244 €
  • Talaso Louxo La Toja: 244 €
  • Gran Holel Talaso Sanxenso 4* : 257



PROGRAMA DEPORTERMAL


O Programa consiste en pasar cinco tardes seguidas (de luns a venres), nun dosseguintes balnearios:

  • HOTEL TERMAS DE CUNTIS 4* - PREZO : 78 €
  • EUROSTARS ISLA DE LA TOJA (TALASO) 4* -PREZO : 77€.


DATAS DOS TURNOS:

MESES: SETEMBRO, OUTUBRO, NOVEMBRO E DECEMBRO 2016

Un autobús recollerá ás persoas, trasladándoas ó balneario escollido, onde permanecerán unha media de dúas horas diarias, e traéndoas de volta ó punto de saída.



DIRIXIDO A:

• Persoas de 50 ou máis anos.
• Pensionistas.
• Situacións excepcionais de respiro familiar mediante un informe dado por o Traballador/a Social.


PRAZO DE INSCRICIÓN:

DENDE O 14 DE XUÑO ATA O 11 DE XULLO DE 2016.

 

INFORMACIÓN E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES :

NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAlS DO CONCELLO ATA O 11 DE XULLO DE 2016.


PRAZAS LIMITIDAS. ADXUDICARANSE POR ORO DE REXISTRO.



PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS 2016

PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS 2016


PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS (Orde do 31 de decembro de 2015. DOG núm. 17, do 27 de xaneiro de 2016)

PRAZO
Do día 28 DE XANEIRO ao 7 DE MARZO de 2016 (ambos os dous incluídos).

CONTÍA
NÚMERO DE ORDE que ocupa o fillo ou filla NA UNIDADE FAMILIAR DA PERSOA SOLICITANTE
1º  ------------------->  360€
2º ------------------->1.200€
3º e sucesivos -->2.400€

PERSOAS BENEFICIARIAS

- As persoas con fillos ou fillas menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2016 (nacidos ou nacidas entre 02/01/2013 e o 01/01/2016, inclusive).
- Fillos ou fillas adoptadas ou acollidas entre o 31/12/2014 e 31/12/2015


Para maior información poden poñerse en contacto co Departamento de Servizos Sociais do Concello.


Documentación necesaria

Orde do DOG DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2016



Termalismo Social 2015-2016 (Balnearios Termais)

Termalismo Social 2015-2016 (Balnearios Termais)


IMSERSO
Solicitudes no departamento de Servizos Sociais do Concello

Prazos de Solicitude
~ Do 18 de DECEMBRO ata o 11 DE XANEIRO de 2015 para os meses de FEBREIRO ata AGOSTO.
Entre o 11 de xaneiro e 11 de maio poderanse facer solicitudes para este periodo, que pasarán a unha lista de espera.

~ Do 11 de XANEIRO ata o 11 de MAlO DE 2016 para os meses de SETEMBRO a DECEMBRO.
Entre o 11 de maio e o 31 de outubro poderanse facer solicitudes para este periodo, que pasarán a unha lista de espera.

Cartel



Programa Red Paraguas Alzheimer

Programa Red Paraguas Alzheimer


Charla Formativa.
Que é o alzhéimer e como detectalo
Día: 10 de Novembro de 2015
Hora: 11:00h
Lugar: Salón de Actos do Concello de Forcarei




 

Nº de resultados:
9
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +