EXCURSIÓN POLA RÍA DE AROUSA PARA A VECIÑANZA
8 DE XUÑO! Inscríbete xa
Despois do éxito da primeira excursión para veciñas e veciños a Valença de Miño organizada polo Concello de Forcarei despois da pandemia polo covid-19, o goberno de Verónica Pichel xa ten preparada a seguinte viaxe, nesta ocasión á Ría de Arousa.
Será o mércores 8 de xuño. Sairemos ás 9.00 horas de Forcarei (Centro Social) e ás 9.20 horas de Soutelo (Praza do Gaiteiro) en dirección á Illa da Toxa e o Grove. Alí subiremos a un barco para dar un paseo pola Ría de Arousa e coñecer o cultivo da ostra e do mexillón. Haberá tamén a bordo unha degustación de mexillóns e viño xoven.
Despois, almorzaremos nun restaurante da zona (con entrante de marisco, arroz á mariñeira , carne asada...) e visitaremos varias localizacións da Illa de Arousa e Cambados.
BASES PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EM P REGO DO POSTO TRABALLADOR A SOCIAL
1.ª. OBXECTO
É obxecto das presentes bases regular o proceso de selección dun traballador/a social, mediante concurso oposición, para a creación dunha bolsa de emprego para para traballador/es sociais, da que formarán parte aqueles/as aspirantes que fosen seleccionados, co fin de cubrir as necesidades dos servizos sociais comunitarios básicos do Concello de Forcarei.
Categoría Profesional: A2Grupo de titulación: Diplomados/a s ou Graduados/as en Traballo Social

O Consello Europeo aprobou a creación do programa Next Generation EU
O Consello Europeo aprobou o 21 de xullo de 2020 a creación do programa NextGenerationEU, como instrumento de estímulo económico en resposta á crise causada polo coronavirus.
O 10 de novembro de 2020, o Parlamento Europeo e o Consello, alcanzaron o acordo sobre o paquete de medidas que inclúen os fondos de NextGenerationEU e o Marco Financeiro Plurianual 2021-2027, creándose o Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia, como instrumento de apoio aos Estados membros a través de transferencias directas e préstamos para incrementar os investimentos públicos e acometer reformas para paliar os devastadores danos producidos polo COVID-19.
O Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, sinala que os Estados membros elaborarán plans de recuperación e resiliencia nacionais para acollerse a este e alcanzar os obxectivos establecidos e presentarase formalmente polos Estados, como moi tarde o 30 de abril.
A Resolución do 29 de abril de 2021, da Subsecretaría do Ministerio de Asuntos Económico e Transformación Dixital, dá publicidade ao Acordo do Consello de Ministros do 27 de abril de 2021, polo que se aproba o Plan de recuperación, transformación e resiliencia, que define as estratexias para seguir no desenvolvemento dos fondos europeos de recuperación. As medidas que recolle o plan cumpren con seis piares establecidos polo Regulamento da UE, e articúlanse ao redor de catro eixos principais (a transición ecolóxica, a transformación dixital, a cohesión social e territorial, e a igualdade de xénero). Estes catro eixos de traballo desenvólvense a través de dez políticas panca, que integran, á súa vez 30 compoñentes ou liñas de acción, para contribuír a alcanzar os obxectivos xerais do plan.
Resolución SELECCIÓN TRABALLADOR A SOCIAL
BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA E O PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN EN RÉXIME DE INTERINIDADE DUN (1) POSTO DE TRABALLO NA CATEGORÍA PROFESIONAL DE "TRABALLADOR/A SOCIAL” PARA A COBERTURA TEMPORAL DA TITULAR DO POSTO EN SITUACION DE IT PARA OS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS BÁSICOS/O DO CONCELLO DE FORCAREI
O obxecto da presente convocatoria é a provisión, mediante o sistema de acceso libre, mediante Oposición/Concurso-Oposición, de unha (1) praza de TRABALLO SOCIAL para os Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Forcarei.
Grupo de titulación: Diplomados/as ou Graduados/as en Traballo Social

BASES REGULADORAS DO PROCEDEMENTO PARA O FOMENTO DO CONSUMO LOCAL NO CONCELLO DE FORCAREI A TRAVÉS DE BONOS
EXP. 144/2022. BASES REGULADORAS DO FOMENTO DO CONSUMO LOCAL NO CONCELLO DE FORCAREI A TRAVÉS DE BONOS
Vistas as BASES REGULADORAS DO FOMENTO DO CONSUMO LOCAL NO CONCELLO DE FORCAREI A TRAVÉS DE BONOS, que se transcriben de seguido:
"BASES REGULADORAS DO PROCEDEMENTO PARA O FOMENTO DO CONSUMO LOCAL NO CONCELLO DE FORCAREI A TRAVÉS DE BONOS"
A crise sanitaria mundial orixinada polo COVID-19 deu lugar á súa definición como pandemia pola Organización Mundial da Saúde e conlevou a adopción de medidas para combater a enfermidade, así como paliar os efectos da mesma a nivel social e económico.
.....

FORCAREI DESEÑA UN INTENSO NADAL CARGADO DE XOGOS, MÚSICA E TEATRO
• O programa inclúe o concerto de ‘De Vacas’ e a visita do Apalpador, que se sumará ás tradicionais dos Reis Magos e Papá Noel
• O Concello ten en marcha unha campaña de doazón de xoguetes para que todas as familias do municipio poidan ter agasallos na Noite de Reis.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES EN FORCAREI E SOUTELO
O Concello de Forcarei acaba de poñer en marcha unha campaña de doazón de xoguetes para que todas as nenas e nenos do municipio poidan ter agasallos este Nadal.
Necesítanse xoguetes preferiblemente novos para diferentes idades, nen@s pequen@s menores de 4 anos, artigos para cativ@s de 5 a 12 anos, e tamén agasallos para adolescentes.
Todos os xoguetes doados serán distribuídos ás familias de emerxencia social.
As persoas interesadas en colaborar con esta iniciativa poder entregar os xoguetes ata o 23 de decembro.
PUNTOS DE RECOLLIDA
- Concello de Forcarei. De luns a venres de 8.00 a 15.00 horas.
- Bar Centro Social de Forcarei. De 8.30 a 21.00 horas. Sábados pechado.
- Farmacia de Soutelo de Montes. De 9.30 a 21.00 horas. Domingo pechado.
O CONCELLO ORGANIZA UN CAMPAMENTO DE NADAL EN SOUTELO E FORCAREI
• Celebrarase do 22 de decembro ao 7 de xaneiro e está dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos
• O prazo de inscrición estará aberto ata o 17 de decembro
As rapazas e rapaces do concello de Forcarei poderán gozar este Nadal dun campamento urbano durante o período de vacacións escolares. Así o confirmou a alcaldesa, quen anunciou que o período de inscricións abrirase o próximo 1 de decembro.
Esta iniciativa está dirixida a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos de idade e desenvolverase entre os días 22 de decembro e 7 de xaneiro non mesmos lugares que o ano pasado. En Soutelo de Montes, no vestíbulo do auditorio municipal, e en Forcarei, no centro Social. O horario das actividades será de mañá, de 9.00 a 14.00 horas. As prazas son limitadas e os grupos deberán ter un mínimo de 12 nen@s.
"Un Nadal máis queremos axudar ás familias coa conciliación e ofrecer ás nosas cativas e cativos unha alternativa de ocio chea de diversión e aprendizaxe, sempre o pasan moi ben”, manifestou Verónica Pichel. Entre outras actividades, haberá clases de cociña de Nadal, manualidades relacionadas con estas festas, @s nen@s escribirán as cartas a Papá Noel e os Reis Magos e serán partícipes de moita festa.
As familias interesadas neste servizo deberán cubrir unha instancia dispoñible nas oficinas do Concello. Terán que entregar tamén fotocopias de DNI, libro de familia ou documento que acredite a situación familiar, título de familia numerosa se é o caso, xustificante de ocupación laboral e documentación que acredite a mobilidade ao posto de traballo ou a non posibilidade de teletraballo. As familias que xa participaron no campamento de verán non terán que presentar toda esta documentación adicional, só a instancia. Para a adxudicación das prazas terán prioridade @s empadroad@s en Forcarei e terase en conta a situación familiar das nenas e nenos: número de membros da unidade familiar, se as nais e pais traballan, etc.
A ALDEA COA MELLOR DECORACIÓN DE NADAL TERÁ PREMIO EN FORCAREI
- O Concello lanza un concurso para todas as aldeas do municipio e engade unha categoría á mellor decoración familiar.
- Os premios inclúen a iluminación de Nadal do vindeiro ano (2022-2023) para a gañadora e 200€ en produtos para a vivenda mellor ambientada
Para estender o espírito de Nadal polas 101 aldeas que conforman o concello de Forcarei, o goberno local acaba de lanzar o concurso ‘Decora a túa aldea’, quepremiará a mellor ambientación festiva en dúas categorías: a colectiva, para @s veciñ@s de cada aldea, e a familiar, para as persoas que realicen a súa montaxe na súa vivenda particular.
Con esta iniciativa, o Concello quere dinamizar a participación activa da veciñanza, colaborar na difusión dun ambiente de Nadal baseado en valores como o traballo en común e a cooperación, e dispoñer de elementos decorativos que aporten ás aldeas un entorno acolledor cheo de ilusión.
As persoas interesadas en participar no concurso deberán tramitar as inscricións??do 6 ao 22 de decembro.
Poderán facelo chamando ao Concello (??986 75 50 36) ou enviando un correo electrónico á??alcaldia@forcarei.net. As bases integras publicaranse na páxina web municipal,www.forcarei.net.
Os premios inclúen a iluminación de Nadal a cargo do Concello na aldea gañadora para o vindeiro ano 2022-2023 e, na categoría familiar (na que poden participar @s residentes no só das aldeas, senón tamén dos núcleos de Forcarei, Soutelo e Cachafeiro) unha cesta de produtos valorada en 200 €.
A decoración deberá estar exposta a partir do 21 de decembro e ata o 6 de xaneiro. O Concello elaborará un listado d@s participantes para que a poboación poida visitar as instalacións.
Para a valoración dos elementos decorativos, o xurado terá en conta o deseño, a orixinalidade, a iluminación e a utilización de materiais reciclables. A entrega de premios terá lugar o 5 de xaneiro.
Forcarei elabora un Plan de Acción para o Clima e Enerxía Sustentable
O Concello levará a pleno o documento para avanzar nos traballos a realizar tras a súa adhesión, en 2020, ao Pacto de Alcaldes para o Clima
Forcarei elabora un Plan de Acción para o Clima e Enerxía Sustentable
· O xoves haberá unha sesión de portas abertas para a veciñanza que queira saber máis sobre este proxecto e as liñas a seguir para a redución de emisións de CO2
Forcarei (22-11-21). O Concello de Forcarei está a finalizar a redacción do seu Plan de Acción para o Clima e Enerxía Sustentable (PACES), un documento que pretende deseñar os instrumentos e liñas de actuación para lograr a redución de emisións de CO2 en polo menos un 40% para o ano 2030, por medio esencialmente de medidas de eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovables.
Este documento é un dos compromisos adquiridos tras a súa adhesión, en xullo de 2020, ao Pacto de Alcaldes para o Clima e Enerxía Sustentable e levarase a pleno, para a súa aprobación definitiva. Este mesmo xoves, de 12.00 a 14.00 horas, haberá unha sesión de portas abertas no salón de actos do Concello para as veciñas e veciños que queiran coñecer este proxecto e as medidas a seguir para loitar contra o cambio climático.
O PACES estrutúrase en tres partes diferenciadas: un inventario de emisións de referencia das que facer un seguimento e así avaliar a efectividade de accións de mitigación, unha análise dos riscos e vulnerabilidades ante o cambio climático e, por último, as medidas previstas para reducir e limitar as emisións de gases de efecto invernadoiro e prepararse para os impactos do cambio climático.
Na elaboración do documento tomáronse como referencia datos concretos de consumos de gasóleo e electricidade en edificios e instalacións municipais e a produción de residuos para facer unha radiografía da situación actual e definir o conxunto de accións a levar a cabo.
Entre as actuación propostas, contémplanse algunhas que xa se iniciaron no Concello de Forcarei. O cambio de luminarias a LED, a humanización de diversos espazos nos núcleos de Forcarei e Soutelo de Montes, a instalación de enerxías renovables, a redución de consumo de combustibles fósiles e substitución progresiva por alternativas máis limpas, e a mellora da eficiencia enerxética nos edificios municipais son algunhas das liñas estratéxicas a seguir nos próximos anos.
A elaboración do Plan de Acción para o Clima e Enerxía Sustentable (PACES) finánciase grazas a unha subvención conseguida de 4.000 euros da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, cofinanciada con fondos europeos.
PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE (PACES), Concello de FORCAREI
Proxecto subvencionado ao abeiro das axudas destinadas a entidades locais asinantes do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía Sustentable
Frear o Cambio Climático
Operación cofinanciada pola Unión Europea, a través do FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER)
Obxectivos
• Minimizar o consumo enerxético no municipio en xeral.
• Incrementar o nivel de implantación das enerxías renovables.
Se alguen quere facer algunha suxerencia pode dirixirse o email do concello
Relación definitiva admitidos e excluidos no proceso de selección dun funcionario interino para a cobertura dunha praza de Técnico De Xestión, adscrito á
Visto que durante o prazo de presentación de NO PROCESO DE SELECCIÓN DUN FUNCIONARIO INTERINO PARA A COBERTURA DUNHA PRAZA DE TÉCNICO DE XESTIÓN, ADSCRITO Á ÁREA DE INTERVENCIÓN, NO CONCELLO DE FORCAREI, presentáronse os seguintes candidatos/as.
EXPEDIENTE Nº 1174/2021 Relación de Admitidos
II Campamento de Verán municipal
30/06/2021 EXP. 688/2021. LISTA DE ADMITIDOS/AS NO "2º CAMPAMENTO DE VERÁN CONCELLO DE FORCAREI”.
Rematado o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o "2º CAMPAMENTO DE VERÁN CONCELLO DE FORCAREI”, e á vista das solicitudes presentadas.
Visto que a competencia para a resolución do presente expediente está atribuída á Alcaldía

- Oferta 60 prazas, 30 en Soutelo de Montes e 30 en Forcarei, para nen@s nacidos entre 2009 e 2017
- O campamento é gratuíto e celebrarase dende o 1 de xullo ao 7 de setembro. A inscrición estará aberta dende mañá ata o 22 de xuño

A previsión é que se celebre dende o 1 de xullo ata o 7 de setembro, ata que comece o próximo curso, de luns a venres en horario de mañá.

elo volverán ser as sedes operativas do campamento, aínda que se trasladarán ao exterior moitas das actividades previstas, en prazas, parques, ríos, montes ou nas piscinas municipais. Verónica Pichel non dubidou en repetir a iniciativa para os vindeiros meses. Deste xeito, o centro social de Forcarei e o vestíbulo do auditorio de Sout

INFORMACIÓN PÚBLICA PARQUES EÓLICOS 2021
Anuncio da Área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Pontevedra polo que se somete a información pública as solicitudes de Autorización Administrativa Previa e de Declaración, en concreto, de Utilidade Pública, e o Estudo de Impacto Ambiental do Parque Eólico Siroco, de 61’6 MW, situado no termo municipal de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), Parque Eólico Tramontana, de 72’8 MW, situado nos termos municipais de Forcarei e Silleda (Pontevedra), e a súa infraestrutura de evacuación, situada nos termos municipais de Cerdedo- Corobade, Forcarei (Pontevedra) e Beariz (Ourense).

BASES REGULADORAS CONCURSO DE TAPAS 2021
O Concello de Forcarei organiza a primeira edición do Concurso de tapas.
O obxectivo e dar a coñecer a variedade e riqueza gastronómica do municipio coa colaboración dos establecementos hostaleiros da zona.
Preténdese acadar con esta iniciativa unha promoción do concello que, a súa vez, redunde no impulso e dinamización do sector hostaleiro e comercial da comarca a través da difusión, entre o público en xeral, da calidade e variedade gastronómica coa que conta o Concello.
137