Categoría: Actualidade

FESTA DA RICHADA E O PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES PARA ESTA CITA GASTRONÓMICA

FESTA DA RICHADA E O PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES PARA ESTA CITA GASTRONÓMICA


O Concello de Forcarei e os hostaleiros da capital municipal veñen de presentar o seu programa de actividades por mor da viséximo terceira edición da Festa Gastronómica da Richada, que se desenvolverá entre os días 3 e 6 de decembro, pero que contará con eventos complementarios ata o día 10.

Así, no eido puramente culinario, os restaurantes París, Victoria e Florida van poñer en marcha catro xornadas de festa, do sábado 3 ao martes 6, nas que os comensais poderán gozar dun completo menú de richada a un prezo de 15 euros. As persoas interesadas poden formular as súas reservas previas nos teléfonos 986 754012 (Victoria), 986 754134 (París) e 986 755033 (Florida).

Pola súa banda, e para complementar e apoiar a iniciativa dos hostaleiros, tal e como se está a facer nos últimos anos, o Concello de Forcarei promove e organiza unha serie de actividades orientadas a incrementar o fluxo de xente e de clientes que se acheguen ata Forcarei durante estas primeiras datas de decembro.

Para comezar, o vindeiro día 3 emitirase o programa "Aquí Galicia”, da Televisión de Galicia (TVG), gravado dende a localidade co obxectivo de incidir na promoción de Forcarei e da súa richada. Haberá unha gran carpa e as actuacións musicais dunha orquestra e de grupos da zona.

Xa o luns 5, procederase á inauguración, no salón de actos do consistorio, dunha mostra de traballos de madeira tallada elaborada por Vicente Cortizo Blanco. Esta colección, que estará exposta durante unha semana, foi presentada hoxe pola alcaldesa, Belén Cachafeiro, e o artista xunto co resto de actividades da richada.

Finalmente, o sábado 10 celebrarase a cuarta edición da Carreira Popular da Richada, que achegará novamente a centos de persoas ata Forcarei entre participantes, equipos, familiares e siareiros. A proba, que arrancará ás 17.30 horas da Praza do Concello, contará novamente coa exitosa competición entre as parroquias do municipio e tamén coas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e absoluta con percorridos que oscilan entre os 100 metros e os 7,5 quilómetros. As inscricións poden formalizarse na web www.emesports.es.

Cachafeiro destacou a consolidación da richada "como a gran cita gastronómica de Galicia de comezos do mes de decembro” e destacou o esforzo dos hostaleiros "para impulsar o noso prato por toda Galicia”. Asimesmo, explicou que o Concello segue medrando no seu apoio a esta cita "cun programa de actividades paralelo cada vez máis intenso que pretende favorecer que Forcarei se encha de xente nesta primeira quincena de decembro”. Neste senso, amosouse convencida de que esta edición será un éxito "polo prestixio da richada, a coincidencia cunha longa ponte e o completo e variado programa de actividades promovido polo Concello”.



Nova Tempada de Pilates 2016-2017

Nova Tempada de Pilates 2016-2017


INSCRICIÓNS POR ORDE DE ACHEGA.

LUGAR E DATA FIN DE INSCRICIÓN: NO CONCELLO ATA O VENRES 18 DE NOVEMBRO.

  • PILATES FORCAREI:
DATA DE INICIO: 23 DE NOVEMBRO.

  • PILATES SOUTELO DE MONTES:
DATA DE INICIO: 25 DE NOVEMBRO.

Cartel



EXCURSiÓN A SALVATERRA DE MIÑO E PARQUE DA CANUDA

EXCURSiÓN A SALVATERRA DE MIÑO E PARQUE DA CANUDA


A ASOCIACIÓN DE MAIORES DE FORCAREI, EN COLABORACIÓN COA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, ORGANIZA:

EXCURSIÓN A SALVATERRA DE MIÑO E PARQUE DA CANUDA.
(04 de Novembro de 2016)
O prezo é de 12 € por persoa, que inc1úe:

• Visita ao Centro de Interpretación do Viña e da Lamprea.
• Visita ás tradicionais pesqueiras nos dous lados do río Miño.
• Autobús e comida.

.:. Horario saída Soutelo (Praza do Gaiteiro): 9:30
.:. Horario saída Forcarei (Centro Social): 9:45

LUGAR DE INSCRIPCIÓNS: CONCELLO DE FORCAREI (SERVIZOS SOCIAIS)
TELÉFONO: 986755149

PLAZO ATA O 27 DE OUTUBRO

Cartel



Descobren unha estrutura de sete metros de fondo nos pozos das Neveiras de Fixó

Descobren unha estrutura de sete metros de fondo nos pozos das Neveiras de Fixó


As escavacións revelan que estes espazos para a produción de xeo van máis aló de dous pozos, xa que contan con muros perimetrales e accesos forrados en pedra

As dez primeiras xornadas de escavacións e traballo arqueolóxico no entorno das neveiras de Fixó, espazos de orixe medieval para a produción de xeo, deron importantes froitos. Coas primeiras accións, no marco da colaboración establecida entre o Concello de Forcarei e a Axencia Galega de Turismo, as previsións víronse totalmente superadas xa que, púidose descubrir unha estrutura "colosal e enorme" con muros perimetrales, accesos en con lousados de pedra e pozos de polo menos sete metros de profundidade. "Todo apunta a que podería tratarse dun achado único en Europa".






Bando contención do avance da praga dos cítricos

Bando contención do avance da praga dos cítricos


Traballos da consellería do medio rural para a contención do avance da praga dos cítricos (limoeiros, laranxeiras, etc) denominada trioza erytreae ou psílido africano

O insecto denominado Trioza erytreae, praga das denominadas de corentena na UE, foi detectado por primeira vez en Galicia en 2014. Desde entón tense extendido por toda a costa e mesmo ten entrado cara ao interior, favorecido polo clima morno dos ríos, especialmente o Ulla, O Umia e o Miño.

As parroquias onde se ten detectado a presenza deste insecto pasan a ser zonas demarcadas para esta praga.

Polo de agora, ningunha parroquia do termo municipal de Forcarei está incluída dentro de zona demarcada pola presenza de Trioza; non obstante, débese ter presente que si están demarcadas outras zonas da Comarca do Tabeirós - Terra de Montes (en particular, varias parroquias da Estrada).

Este insecto provoca danos nos cítricos, en forma de malformacións (verruguiñas como as que aparecen na foto) nas follas máis novas, que se van volvendo amarelas e finalmente poden chegar a caer, quedando os brotes espidos. Non adoita a ser mortal para a árbore pero o verdadeiro risco deste insecto é que pode actuar como transmisor dunha bacteria que si mataría a árbore infectada.

Por iso o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente considerou necesario establecer un operativo para someter a tratamento fitosanitario os cítricos situados nas zonas afectadas, a fin de intentar conter o avance da praga.

Tal operativo está a ser levado a cabo pola empresa TRAGSA, por encargo da Consellería do Medio Rural, a partir do primeiro de maio.

Forcarei ten a condición de ser área libre limítrofe con zona demarcada e de ser unha posible área de expansión daquela. Por iso, escolleuse como un dos concellos onde TRAGSA pretende aplicar tratamentos.

Así pois, varios equipos desprazaranse por gran parte do termo municipal de Forcarei (principalmente polas parroquias situadas no Oeste), chamando casa por casa, para tratar cun produto fitosanitario autorizado (de baixo risco medioambiental) todas as plantas susceptibles de sufrir o ataque deste insecto.

Por iso, advertimos aos veciños das parroquias forcareiesas anteditas da existencia e motivo do operativo despregado para o tratamento dos cítricos nas casas particulares, que está a ser realizado por persoal de TRAGSA. Os tratamentos fitosanitarios van ser aplicados coas precaucións debidas por persoal cualificado e o seu custo económico non vai ser en absoluto repercutido ao propietario.

Para que poida ser levado a cabo este operativo precisamos a colaboración dos veciños, de xeito que permitan acceder ao persoal identificado como TRAGSA, a fin de que poidan comprobar a existencia de cítricos e, nunha visita posterior, tratar estas árbores.

Ante calquera dúbida, poden chamar ao tlfno. da Consellería de Medio Rural 986805446 (Servizo de Explotacións Agrarias - Pontevedra)



AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO AO ESTUDIO PARA O CURSO 2016 2017 CON DESTINO A FAMILIAS EN SITUAClÓN DE DIFlCULTADE SOCIO-ECONÓMICA

AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO AO ESTUDIO PARA O CURSO 2016 2017 CON DESTINO A FAMILIAS EN SITUAClÓN DE DIFlCULTADE SOCIO-ECONÓMICA


AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO AO ESTUDIO PARA O CURSO 2016/2017 CON DESTINO A FAMILIAS EN SITUAClÓN DE DIFlCULTADE SOCIO-ECONÓMICA

BENEFICIARIOS:

Familias empadroadas e ter residencia efectiva no Concello de Forcarei, que teñan menores ao seu cargo matriculados para o curso 2015/2016 nalgún centro de ensino público de Forcarei , en Educación Infantil, Primaria e Secundaria para axudas de material escolar.

REQUISITOS A CUMPRIR:
  • Que a unidade familiar estea empadroada e teña a residencia efectiva neste concel/o.
  • Que o alumnado esté matriculado ou teña reserva de matrícula nun centro de ensino público de Forcarei.
  • Ter presentada a solicitude e documentación complementaria no prazo e forma legal establecido.
  • Que os solicitantes cumplan co baremo económico recollido nas Bases Reguladoras de convocatoria.
PRAZO E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Concederáse o prazo de dez días hábiles para a presentación de solicitudes que se iniciará o día seguinte da publicación das bases no B.O.P. REMATE DE PRAZO 27 DE OUTUBRO DE 2016.

Para máis información poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Forcarei ou ben a través do teléfono 986 75 54 32 ou ben 986 75 51 49.

Cartel        Bases en Galego        Bases en Castelán



OBRADOIROS DE MEMORIA FORCAREI 2016

OBRADOIROS DE MEMORIA FORCAREI 2016


DIRIXIDO A…
Persoas maiores de 65 anos con ganas de manter e mellorar as súas funcións cognitivas (memoria, atención, etc)

LUGAR ,DATAS E HORARIO:
FORCAREI no Centro Social
Os Martes de 10:30h a 11:30h
Dende o 11 de outubro ata o 29 de novembro



PARA INSCRIPCIÓN OU MÁIS INFORMACIÓN

Antes do 10 de outubro no departamento de Servizos Sociais do Concello de Forcarei

Praza da Igrexa nº1. C.P. 36550 Forcarei
Tfno.: 986 75 50 36



OBRADOIRO DE ARTE FLORAL 2016

OBRADOIRO DE ARTE FLORAL 2016


PROGRAMA DEPO EN MARCHA

PROMOVIDO POLA EXCMA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE FORCAREI.

"OBRADOIRO DE ARTE FLORAL”

DIRIXIDO A PERSOAS MAIORES A PARTIR DE 50 ANOS

DURACIÓN DO CURSO: 30 HORAS
HORARIO: de 16 a 19 horas

LUGAR: CENTRO SOCIAL DE FORCAREI

DATA DE COMENZO: 19 de outubro de 2016

ANOTARSE NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO


Cartel



XXV XUNTANZA DOS MAIORES

XXV XUNTANZA DOS MAIORES


O Venres 23 de Setembro de 2016.
PROGRAMA DE ACTOS.

  • Ás 13:00 horas, na Igrexa Parroquial de Forcarei, coa participación do Coro Parroquial
  • Ás 14:30 horas, XANTAR DE CONFRATERNIDADE NO RESTAURANTE PARIS.

Lugar e prazo de inscrición:

No departamento de Servizos Sociais do Concello de Forcarei.

O prazo estará aberto ata o martes 20 de setembro.

PREZO:12€.

Requisitos

As persoas que desexen participar deberán cumprir os seguintes requisitos:
  • Estar empadroado no Concello de Forcarei.
  • Ser maior de 65 anos, o menor coa condición de pensionista ou discapacidade.
  • Presentar xustificante de pago previo en:

ABANCA ES18 2080 5032 7531 1000 0778

Servizo de autobuses

Poñeremos a disposición dos veciños autobuses que farán o percorrido de costume.


Cartel



A lingua na boca!, un espectáculo cómico poético e musical sobre Castelao

A lingua na boca!, un espectáculo cómico poético e musical sobre Castelao


Venres 26 de Agosto
Na praza da Igrexa, en Forcarei.
As 19:30 horas

Cartel



La oveja Shaun. LA PELÍCULA. Cine na Rúa

La oveja Shaun. LA PELÍCULA. Cine na Rúa


O Xoves 25 de Agosto na Praza da Igrexa de Forcarei.
As 21:30h
CINE NA RÚA
LA OVEJA SHAUN
Cartel



Exodus: na procura do refuxio

Exodus: na procura do refuxio


No salón de Actos do Concello de Forcarei
Do 17 ó 31 de Agosto
de 9h a 14h de Luns a Sábado

"Exodus: na procura do refuxio". Mostra, que amosa unha compilación de fotografías sobre os refuxiados realizadas entre septembro e outubro de 2015, período no que as imaxes procedentes do éxodo producido a causa da guerra en Siria comezaron a ter un impacto maior, se cabe.
A foto máis recordada e a de Aylan, un neno de tres anos que foi atopado morto por un policía na costa de Turquía, o pasado 3 de septembro do ano 2015.



Kung Fu Panda 3. Cine na Rúa

Kung Fu Panda 3. Cine na Rúa


O 14 de Agosto na Praza da Igrexa de Soutelo de Montes.
As 21:30h
CINE NA RÚA
KUNG FU PANDA 3

Cartel



PROGRAMAS TERMAIS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2016

PROGRAMAS TERMAIS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2016


PROGRAMA TERMAL DE PERNOTACIÓN

O programa consiste en pasar seis dias e cinco noites (de domingo a venres) nun hotel con spa, balneario ou instalacións similares da provincia de Pontevedra, en réxime de pensión completa, con traslados desde os Concellos de orixe con actividades de animación e visitas guiadas.



Cartel Anuncio


PREZO POR PERSOA, incluídos os traslados en autocar dende Forcarei ata o establecemento hoteleiro e viceversa e , unha vez descontada a aportación da Deputación, quedaria da seguinte maneira :

  • Hotel Nuevo Astur Spa 3* de Sanxenso: 196 €
  • Hotel Spa Noral Torre do Deza 4* de Lalín: 201 €
  • Hotel Spa Carlos I 4* de Sanxenxo : 257 €
  • Hotel Termas de Cuntis : 257 €
  • Hotel Balneario de Mondariz 4* :267 €
  • Talaso Atlántico en Oia: 244 €
  • Talaso Louxo La Toja: 244 €
  • Gran Holel Talaso Sanxenso 4* : 257



PROGRAMA DEPORTERMAL


O Programa consiste en pasar cinco tardes seguidas (de luns a venres), nun dosseguintes balnearios:

  • HOTEL TERMAS DE CUNTIS 4* - PREZO : 78 €
  • EUROSTARS ISLA DE LA TOJA (TALASO) 4* -PREZO : 77€.


DATAS DOS TURNOS:

MESES: SETEMBRO, OUTUBRO, NOVEMBRO E DECEMBRO 2016

Un autobús recollerá ás persoas, trasladándoas ó balneario escollido, onde permanecerán unha media de dúas horas diarias, e traéndoas de volta ó punto de saída.



DIRIXIDO A:

• Persoas de 50 ou máis anos.
• Pensionistas.
• Situacións excepcionais de respiro familiar mediante un informe dado por o Traballador/a Social.


PRAZO DE INSCRICIÓN:

DENDE O 14 DE XUÑO ATA O 11 DE XULLO DE 2016.

 

INFORMACIÓN E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES :

NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAlS DO CONCELLO ATA O 11 DE XULLO DE 2016.


PRAZAS LIMITIDAS. ADXUDICARANSE POR ORO DE REXISTRO.



Curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes

Curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes


REQUISITOS DE ACCESO:Persoas desempregadas con demanda de emprego en vigor e con estudos mínimos da ESO, ou ben COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2, ou 2º de BUP do plan antigo.

Certificado de profesionalidade necesario para traballar en centros de maiores ou persoas discapacitadas en toda España
AS PERSOAS INTERESADAS DEBEN PASAR POLA OFICINA DE EMPREGO DA ESTRADA E INSCRIBIRSE NESTE CURSO ANTES DO 20 DE XUÑO (dirixirse a Rosa)

  • DATAS CELEBRACIÓN:DO 14/07/16 Ó 11/11/16
  • HORARIO:de luns a venres de 8:30 a 14:00
  • LUGAR:Centro Social De Forcarei













  •  

    Nº de resultados:
    93
    Mostrar

    Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
    Política de cookies +