Categoría: Karting

4 e 5 de xuño. Gran Premio de Motociclismo de Forcarei 2016

4 e 5 de xuño. Gran Premio de Motociclismo de Forcarei 2016


Os vindeiros 4 e 5 de xuño o Circuíto de A Madalena acollerá o Gran Premio de Motociclismo de Forcarei, unha iniciativa en colaboración con VF Timing que servirá de homenaxe a todos os moteiros galegos.



Proceso Participativo Para A Elaboración Dunha Estratexia De Desenvolvemento Rural Participativo

Proceso Participativo Para A Elaboración Dunha Estratexia De Desenvolvemento Rural Participativo


OBRADOIRO 5
REUNIÓN INTERSECTORIAL  CONCELLO DE FORCAREI

  • Data: Xoves día 26 de maio de 2016
  • Lugar: Salón de plenos do Concello de Forcarei
  • Praza da Igrexa 1, 36550 Forcarei
  • Organiza: CONCELLO DE FORCAREI
    ADR TERRAS DE PONTEVEDRA NORTE
  • Horario: 19:50 h a 21:30 h
  • Dirixido: Axentes do medio rural (sector agrario, industria agroalimentaria, empresa, comercio e turismo, mulleres e mozos, veciños, etc) e público en xeral.
  • Obxectivos: Definición de liñas estratéxicas e obxectivos a acadar no territorio.

Definición de proxectos concretos.

PROGRAMA

19:50 – 20:00 h - Presentación do obradoiro e dos participantes.
20:00 – 20:20 h - Introdución. O Desenvolvemento Rural Participativo Leader de Galicia 2014-2020.
Paula Suanzes Hernández. ADR Terras de Pontevedra Norte.

20:20 – 21:15 h Análise do territorio. Obxectivos sectoriais. Aportacións dos participantes. Debate
21:15 – 21:30 h Conclusións e peche





¡Os Rockenstein, teatro para toda a familia!

¡Os Rockenstein, teatro para toda a familia!


A compañía Malasombra Produccións estrea en Forcarei a obra Os Rockenstein.
A representación será o Martes 17, a partires das 20.00 horas, no auditorio municipal de Soutelo de Montes.

Os Rockenstein é un espectáculo para toda a familia cos actores Jouse García, Celia González, Sandra Iglesias e Xoque Carbajal baixo a dirección de Marcos Orsi.
Narra a historia do doctor Rockenstein, un científico pero tamén melómano, conscente da desaparición da bóa música. E por eso que crea no séu laboratorio un ser vivo para convertilo en estrela musical, pero algo non sae ben, pois en vez de un saen tres e decide fundar una banda.



Curso Aplicador Fitosanitarios

Curso Aplicador Fitosanitarios


Para grupos de 30 persoas, de NIVEL BÁSICO.

Dirixido a todas aquelas persoas que leven a cabo tratamentos nos que se utilicen fitosanitarios, sulfatos...etc.

Prezo: 70€.
No Centro Social de Forcarei.

CON EXPEDICIÓN DE CARTNET APLICADOR FITOSANITARIOS (CURSO OFICIAL)



Campamentos de Verán 2016. A LANZADA

Campamentos de Verán 2016. A LANZADA


DEPO-AVENTURA 2016.
Dirixido a rapazas e rapaces empadroados no Concello de Forcarei, nacidos entre os anos 2003 e 2008 (ambos incluídos).

Prazas limitadas. Prezo 83,60€.

Fin de prazo o Xoves 7 de Abril.

Solicitudes e Información no departamento de Servizos Sociais do Concello.

Cartel



PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS 2016

PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS 2016


PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS (Orde do 31 de decembro de 2015. DOG núm. 17, do 27 de xaneiro de 2016)

PRAZO
Do día 28 DE XANEIRO ao 7 DE MARZO de 2016 (ambos os dous incluídos).

CONTÍA
NÚMERO DE ORDE que ocupa o fillo ou filla NA UNIDADE FAMILIAR DA PERSOA SOLICITANTE
1º  ------------------->  360€
2º ------------------->1.200€
3º e sucesivos -->2.400€

PERSOAS BENEFICIARIAS

- As persoas con fillos ou fillas menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2016 (nacidos ou nacidas entre 02/01/2013 e o 01/01/2016, inclusive).
- Fillos ou fillas adoptadas ou acollidas entre o 31/12/2014 e 31/12/2015


Para maior información poden poñerse en contacto co Departamento de Servizos Sociais do Concello.


Documentación necesaria

Orde do DOG DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2016



Entroido 2016

Entroido 2016


Sábado 6 de Febreiro

FESTA INFANTIL DE ENTROIDO NO CENTRO SOCIAL AS 17:30h.
Xogos, talleres, bailes e concurso de disfraces.
Contaremos con: Mickey, Buzz Lightyear e Bob Esponxa. Ademais de unha Festa temática cos superheroes máis actuais.

"globoflexia e maquillaxe"

Luns 8 de Febreiro

FESTA-CONCURSO DE ENTROIDO PARA ADULTOS NO CENTRO SOCIAL, AS 18:00h.
Concurso con premios.

Degustación de doces típicos do entroido

Cartel

Bases do Concuros de Disfraces



Estreamos Nova Páxina Web!!

Estreamos Nova Páxina Web!!


Co novo ano, estreamos tamén nova páxina Web!!, con un completo redeseño máis atractivo, accesible e intuitivo, con contidos novos e ampliados adaptados tamén a dispositivos móbiles.

Un deseño máis visual con unha navegación máis sinxela e lóxica, co obxectivo de presentar a información de unha maneira máis organizada, máis doada de actualizar e adaptada a nova lei de transparencia das administracións públicas.

Esperamos que vos guste.



Termalismo Social 2015-2016 (Balnearios Termais)

Termalismo Social 2015-2016 (Balnearios Termais)


IMSERSO
Solicitudes no departamento de Servizos Sociais do Concello

Prazos de Solicitude
~ Do 18 de DECEMBRO ata o 11 DE XANEIRO de 2015 para os meses de FEBREIRO ata AGOSTO.
Entre o 11 de xaneiro e 11 de maio poderanse facer solicitudes para este periodo, que pasarán a unha lista de espera.

~ Do 11 de XANEIRO ata o 11 de MAlO DE 2016 para os meses de SETEMBRO a DECEMBRO.
Entre o 11 de maio e o 31 de outubro poderanse facer solicitudes para este periodo, que pasarán a unha lista de espera.

Cartel



Nadal 2015-16. Programación

Nadal 2015-16. Programación


Día 26 de Decembro xornada de xogos para nenos con hinchables no polideportivo de Forcarei
De 17:00h a 20:00h

Día 29 de Decembro-
unha produccíon cómica "isistorias de nadal", unha serie de monólogos cómicos para público tanto infantil como adulto, que poñerá en escena o coñecido e televisivo actor Isi. (campaña de nadal Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia)
Lugar Centro Social de Forcarei as 17:00h

Día 2 de Xaneiro
xornada de xogos para nenos con hinchables no Polideportivo de Soutelo de Montes
De 17:00h s 20:00H

Día 5 de Xaneiro Cabalgata de Reis

Saída de Soutelo de Montes 18:30H
Chegada a praza da igrexa de Forcarei as 19:30h

Recepción na Igrexa dos Reis Magos de Oriente
Actuación do Coro Flor do Toxo

Cartel

Folleto



III Carreira Popular Da Richada Concello De Forcarei

III Carreira Popular Da Richada Concello De Forcarei


Aberta a inscripción a través da web de emesports hasta o día 3 ás 23:59 horas.

E os máis pequenos poden inscribirse a través da mesma web, no Concello de Forcarei ou enviando unha mensaxe o noso facebook indicando:
- Nome - Apelidos - Data de nacemento - Poboación - Mail e Teléfono

REGULAMENTO



Axudas municipais de apoio ó estudo para o curso 2015 2016

Axudas municipais de apoio ó estudo para o curso 2015 2016


AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO Ó ESTUDIO PARA O CURSO 2015/2016 CON DESTINO A FAMILIAS EN SITUACIÓN DE DIFICULTADE SOCIO-ECONÓMICA

BENEFICIARIOS:

Familias empadroadas e ter residencia efectiva no Concello de Forcarei, que teñan menores ó seu cargo matriculados par o curso 2015/2016 nalgún centro de ensino público de Forcarei, en Educación Infantil, Primaria e Secundaria para axudas de material escolar.

CONTÍA MÁXIMA 100€/MENOR

Financiamento de: MATERIAL ESCOLAR, LIBROS E VESTIARIO DEPORTIVO.

O prazo remata o 3 de novembro



Espazos Sonoros 2015

Espazos Sonoros 2015


Domingo 11 de Outubro.Espazos Sonoros 2015

Como cada ano, Espazos Sonoros 2015, percorre os lugares máis destacados do patrimonio cultural de Galicia. Como non podía ser de outra maneira, este ano recae en Forcarei, organizando para o vindeiro Domingo 11 de Outubro unha ruta guiada pola senda das neveiras ás 15:00h, e posteriormente, as 19:00h, Santa María de Acibeiro será a sede do concerto do Herbens Consort, cun repertorio arredor de Haendel.



Programa Red Paraguas Alzheimer

Programa Red Paraguas Alzheimer


Charla Formativa.
Que é o alzhéimer e como detectalo
Día: 10 de Novembro de 2015
Hora: 11:00h
Lugar: Salón de Actos do Concello de Forcarei



PROGRAMA DE NADAL E REIS 2014-2015

PROGRAMA DE NADAL E REIS 2014-2015


Para festexar con alegría o Nadal,desde o Concelloponse en marcha un programa que ofrecerá música, teatro e actuacións, para pequenos e maiores.


Título: PROGRAMA DE NADAL E REIS 2014-2015
Categoría: Ocio
Descargar
Arquivo



 

Nº de resultados:
92
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +