AXUDAS MATERIAL ESCOLAR 2019-2020

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR 2019-2020


PARA FAMILIAS EN SITUACIÓN DE DIFICULTADE SOCIO-ECONÓMICA

BENEFICIARI@S: Familias empadroadas con residencia efectiva no Concello de Forcarei, que teñan menores ao seu cargo matriculad@s para o curso 2019/2020 nalgún centro de ensino público de Forcarei , en Educación Infantil, Primaria e Secundaria para axudas de MATERIAL ESCOLAR E VESTIMENTA.


REQUISITOS A CUMPRIR:
  • Que a unidade familiar estea empadroada e teña a residencia efectiva neste concello.
  • Que @ alumn@ estea matriculad@ ou teña reserva de matrícula nun centro de ensino público de Forcarei.
  • Ter presentada a solicitude e documentación complementaria no prazo e forma legal establecido.
  • Que @s solicitantes cumpran co baremo económico recollido nas Bases Reguladoras de convocatoria ( 8.0.P. de Pontevedra, 18 de setembro de 2019).

PRAZO E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Forcarei a través do Departamento de Servizos Sociais dende o 19 de setembro ata o 2 de outubro de 2019.

Para máis información: 986 75 54 32 / 986 75 51 49 Departamento de Servizos Sociais




Ver novas relacionadas


 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +