II Campamento de Verán municipal

 II Campamento de Verán municipal


30/06/2021 EXP. 688/2021. LISTA DE ADMITIDOS/AS NO "2º CAMPAMENTO DE VERÁN CONCELLO DE FORCAREI”.

Rematado o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o "2º CAMPAMENTO DE VERÁN CONCELLO DE FORCAREI”, e á vista das solicitudes presentadas.

Visto que a competencia para a resolución do presente expediente está atribuída á Alcaldía

RESOLVO:

Primeiro.- ADMITIR NO "2º CAMPAMENTO DE VERÁN CONCELLO DE FORCAREI”, AOS SEGUINTES SOLICITANTES:

Lista de Admitidos



17/06/2021

O Concello Forcarei impulsa o II Campamento de Verán municipal para axudar coa conciliación

  • Oferta 60 prazas, 30 en Soutelo de Montes e 30 en Forcarei, para nen@s nacidos entre 2009 e 2017
  • O campamento é gratuíto e celebrarase dende o 1 de xullo ao 7 de setembro. A inscrición estará aberta dende mañá ata o 22 de xuño


As pequenas e pequenos do concello poderán gozar durante os meses de xullo e agosto do II Campamento de Verán que o Concello de Forcarei organiza en Soutelo de Montes e en Forcarei para axudar ás familias coa conciliación e para ofrecer ás nenas e nenos unha alternativa de lecer divertida e educativa.

Pendente de novas indicacións da Xunta de Galicia relacionadas coa protección fronte ao covid-19 para este tipo de actividades, o Concello oferta neste campamento un total de 60 prazas para pequen@s nacidos entre 2009 e 2017, 30 en Soutelo e 30 en Forcarei, e non terá ningún coste para as familias.

A previsión é que se celebre dende o 1 de xullo ata o 7 de setembro, ata que comece o próximo curso, de luns a venres en horario de mañá.

Para a adxudicación das prazas terán prioridade @s empadroad@s e terase en conta a situación familiar d@s nen@s: número de membros da unidade familiar, se as nais e pais traballan, etc. O prazo de inscrición estará aberto dende mañá mércores ata o 22 de xuño e as familias interesadas poderán cubrir o formulario nas oficinas do Concello. Terán que entregar tamén fotocopias de DNI, libro de familia ou documento que acredite a situación familiar, título de familia numerosa se é o caso, xustificante de ocupación laboral e documentación que acredite a mobilidade ao posto de traballo ou a non posibilidade de teletraballo. As que xa participaron nas Tardes de Lecer non terán que presentar toda esta documentación adicional, só a solicitude de inscrición.

Despois do éxito da edición pasada e da gran acollida que tiveron as ‘Tardes de Lecer’ durante o curso escolar, a alcaldesa

elo volverán ser as sedes operativas do campamento, aínda que se trasladarán ao exterior moitas das actividades previstas, en prazas, parques, ríos, montes ou nas piscinas municipais. Verónica Pichel non dubidou en repetir a iniciativa para os vindeiros meses. Deste xeito, o centro social de Forcarei e o vestíbulo do auditorio de Sout

Así mesmo, haberá moitas accións cunha finalidade educativa para que @s cativ@s repasen os contidos aprendidos durante o curso escolar, ou de fomento da imaxinación e do traballo en equipo, tratando temáticas como a igualdade, a familia ou as tradicións do municipio, entre outras. Realizaranse tamén obradoiros de todo tipo, cociña creativa, d
eporte e psicomotricidade, novas tecnoloxías, animación á lectura ou teatro e saídas a lugares próximos para coñecer o contorno e recursos turísticos de Forcarei.
O persoal estará formado por unha educadora social licenciada en Psicopedagoxía, outras dúas educadoras sociais e dúas monitoras de ocio e tempo libre.

Finalmente, agárdase que a situación epidemiolóxica permita facer algunha excursión a un parque acuático e algunha xornada de convivencia entre os dous grupos de Soutelo e Forcarei.





Ver novas relacionadas


 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +