O CONCELLO ORGANIZA UN CAMPAMENTO DE NADAL EN SOUTELO E FORCAREI

O CONCELLO ORGANIZA UN CAMPAMENTO DE NADAL EN SOUTELO E FORCAREI


• Celebrarase do 22 de decembro ao 7 de xaneiro e está dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos

• O prazo de inscrición estará aberto ata o 17 de decembro

 

As rapazas e rapaces do concello de Forcarei poderán gozar este Nadal dun campamento urbano durante o período de vacacións escolares. Así o confirmou a alcaldesa, quen anunciou que o período de inscricións abrirase o próximo 1 de decembro.

 

Esta iniciativa está dirixida a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos de idade e desenvolverase entre os días 22 de decembro e 7 de xaneiro non mesmos lugares que o ano pasado. En Soutelo de Montes, no vestíbulo do auditorio municipal, e en Forcarei, no centro Social. O horario das actividades será de mañá, de 9.00 a 14.00 horas.  As prazas son limitadas e os grupos deberán ter un mínimo de 12 nen@s.

 

"Un Nadal máis queremos axudar ás familias coa conciliación e ofrecer ás nosas cativas e cativos unha alternativa de ocio chea de diversión e aprendizaxe, sempre o pasan moi ben”, manifestou Verónica Pichel.  Entre outras actividades, haberá clases de cociña de Nadal, manualidades relacionadas con estas festas, @s nen@s escribirán as cartas a Papá Noel e os Reis Magos e serán partícipes de moita festa.

 

As familias interesadas neste servizo deberán cubrir unha instancia dispoñible nas oficinas do Concello. Terán que entregar tamén fotocopias de DNI, libro de familia ou documento que acredite a situación familiar, título de familia numerosa se é o caso, xustificante de ocupación laboral e documentación que acredite a mobilidade ao posto de traballo ou a non posibilidade de teletraballo. As familias que xa participaron no campamento de verán non terán que presentar toda esta documentación adicional, só a instancia. Para a adxudicación das prazas terán prioridade @s empadroad@s en Forcarei e terase en conta a situación familiar das nenas e nenos: número de membros da unidade familiar, se as nais e pais traballan, etc.



Ver novas relacionadas


 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +