CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES EN FORCAREI E SOUTELO

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES EN FORCAREI E SOUTELO


O Concello de Forcarei acaba de poñer en marcha unha campaña de doazón de xoguetes para que todas as nenas e nenos do municipio poidan ter agasallos este Nadal.

Necesítanse xoguetes preferiblemente novos para diferentes idades, nen@s pequen@s menores de 4 anos, artigos para cativ@s de 5 a 12 anos, e tamén agasallos para adolescentes.

Todos os xoguetes doados serán distribuídos ás familias de emerxencia social.

As persoas interesadas en colaborar con esta iniciativa poder entregar os xoguetes ata o 23 de decembro.

PUNTOS DE RECOLLIDA

  • Concello de Forcarei. De luns a venres de 8.00 a 15.00 horas.
  • Bar Centro Social de Forcarei. De 8.30 a 21.00 horas. Sábados pechado.
  • Farmacia de Soutelo de Montes. De 9.30 a 21.00 horas. Domingo pechado.



Ver novas relacionadas


 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +